Blogia
silviatubio

Hoxe é un desos días nos que te levantas coa sonrisa de orella a orella sentíndote a nena que fai anos deixaches de ser; pero chegan 10 minutos na cruda realidade para darte conta de que a vida non era o teu soño, de que o pé esquerdo debería baixar da cama un minuto despois do dereito... e de que a xente fóra non ten ganas de sorrir.

Realmente estos días dan asco. Sinto que cando os demáis son felices eu chego a selo tamén pero non sei por qué non son capaz de ser eu quen contaxie iso. É como se os demáis estivesen vacinados á miña felicidade e ademáis tivesen uns potentes virus que consiguen vencer aos meus incluso nos momentos en que parecen estar máis fortes que nunca.

Fai uns meses queixábame da miña situación, totalmente contraria á de agora; e sen embargo agora, quéixome do que teño. Quizáis o meu son os queixumes.... oxalá sexa iso porque non quero pensar que a miña felicidade é producto da soidade, non quero creer os pensamentos que me din que son feliz encerrada entre catro paredes asquerosamente brancas... pero o certo é que nunca son tan feliz como cando estou soa; e sen embargo, son esos momentos os que me fan estar máis triste. Hai quenes din que precisamos momentos para estar sós... pero suponse que estes son inferiores á cantidade de momentos que precisamos estar en sociedade, na miña vida isto é á inversa.

Coido que ninguén pode chegar a aportarme algo novo, que fóra de Benedetti, fóra das novelas... ningún mundo é o suficientemente perfecto como para perder o tempo nel... e dentro das novelas ningún mundo é o suficientemente real como para poder habitalo. A veces sinto que o mellor que podo facer é dedicarme ao meu, a intentar ser a mellor psicóloga, a intentar ser a mellor parella, a intentar sobrevivir. E ultimamente parece que todo cambia, que todo e todos se desmoronan, as parellas rompen e tratamos de buscar explicacións ilóxicas a rupturas inútiles que nin nos van nin nos veñen e que sen embargo nos fan pensar en a qué puderon deberse. Parece que todo empeza a coller unha nova forma, distinta da primeira (a pesar de que a primeira me encantaba). Non atopo máis que frases incoherentes, non atopo significado ás túas palabras e non entendo por qué agora son capaz de volver estar soa. Só Anxo, só ti... eres o único que a pesar de todo se mantén. O único ao que quero volver ver, co que quero estar... e é curioso pero incluso nos momentos en que penso que podería vivir sen ti imaxínote nos meus plans. ¿Por qué parece que todo o demáis me estorba?

Supoño que nada disto se entende porque nin eu mesma chego a comprenderme, quizáis é certo iso que oin esta mañán de que as mulleres somos incomprensibles. E hoxe cumpre Adri, e boto de menos esos momentos en que fomos os fantásticos amigos que xogábamos a rompernos brazos, botando de menos aquela conversación no messenger que cada día penso que non foi máis que a miña imaxinación e na que dicías que non ías agardar sempre por min e que agora tiñas moza... e consecuentemente boto de menos a Miguel... que fixo que Noia xa non fose o mesmo e que agora nin as festas valan a pena...e  boto de menos que me atope cun sorriso sempre cando os vexo (cada 3 ou 4 meses) e perda o contacto co suelo mentras me abrazan como só eles, e Alvaro, saben facelo... e que agora só Álvaro mantén como ritual...

Lembro aquelas lecturas de poemas, durante os 20 minutos de recreo, nos que todo o mundo se dirixía a sala de xogos. Eran eses os mellores momentos, nos que sentados nunha baldosa extraordinariamente fría en contraste co calor que o radiador despedía ás nosas costas líamos a Lorca e nos sorprendíamos a nós mesmos debuxando planos de ataque e invasión mundial donde sempre quedaba algunha república independente... recordo como Adri me debuxaba naqueles retratos durante a clase de historia para acabar ríndonos todos porque non se empanaba de nada.... recordo a Gigante porque seguimos sendo socios niso de contar estrelas.... e recordo o momento en que nos separamos... os tres... e pasamos a ser persoas tan distintas como distantes, e pasamos a seguir sós e sen embargo, rodeados da multitude.

0 comentarios